User avatar

Mensaje enviado por / Sent by DanielNovoa


Fotografía realizada por Daniel Nóvoa Abuín na rúa do Preguntoiro. Na presente imaxe apréciase un cartel comercial cunha certa confusión lingüística posto que, aínda escrito en castelán, a primeira parte do mesmo pode levar a confusión co galego.
Fotografía realizada por Daniel Nóvoa Abuín. Na imaxe amósanse catro carteis referidos a distintas empresas. Nos mesmos aprécianse distintos idiomas, abarcando un espazo que vai dende o galego até o inglés, un exemplo de imperialismo lingüístico.
Fotografía realizada por Daniel Nóvoa Abuín na rúa Nova, en Santiago de Compostela. Na mesma imaxe apréciase unha pegatina de seguridade situada nun comercio, sendo a mensaxe amosada unicamente en castelán, fóra da orde presentada polo resto.